xoves, 19 de abril de 2018

Celanova ten un vento, Celanova un vento ten

E velaquí o noso Celso Emilio versionado por nós mesmos, co permiso de Suso Vaamonde ou Luar na Lubre,  fixémolo ao noso aire e con moita ilusión. Como sabedes, participando en Meteoescolas e aportando de de o departamento de música o noso granciño de area.

Seguimos en proceso de montar o audiovisual, pero aquí vos vai a pista de audio preparadiña. Haberá sorpresas proximamente: onte veu a tele a gravarnos en acción!

Agardamos que vos guste!





ACTUALIZACIÓN!!!!!

Xa está montado parte do vídeo, pero estas cousiñas sonvos moi laboriosas... velaí vos vai, con tomas falsas incluídas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario