sábado, 20 de xaneiro de 2018

Saída didáctica a Vigo e a Pontevedra...

A terza feira 16 de xaneiro de 2018 o departamento de Lingua galega e
literatura do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro realizou co alumnado de 1º
bacharelato e de 1.º ESO unha saída didáctica a Vigo e mais á cidade de
Pontevedra. En Vigo, no Museo do Mar, visitaron a exposición “Pergamiño
Vindel. Un tesouro en sete cantigas” na que se pode ver o único exemplo
conservado da nosa tradición trobadoresca que transmite cantigas de amigo
coa súa melodía e que procede da Morgan Libray & Museum de New York,
onde se atopa desde 1977. Posteriormente, e despois de comer en
Pontevedra, visitaron diferentes coleccións do Museo de Pontevedra,
centrándose na obra plástica de Castelao.


Ningún comentario:

Publicar un comentario