mércores, 5 de abril de 2017

Charla literaria na nosa biblio: Versos para conversar.


Na nosa biblio pasan cousas riquiñas. Xa é costume. Desta volta veu visitarnos parte do alumnado do CEIP Xoaquín Lourenzo "Xocas", de Bande;  do CEIP San Marcos, de Cartelle;  do CPI Padrenda - Crespos; e  do IES Aquis Querquernis, da Baixa Limia.

Este nutrido grupo, de idades diversas, portouse fenomenal durante a charla literaria Versos para conversar, que desenvolveu Xoán Carlos Domínguez Alberte, autor da nosa comarca, o pasado 29 de marzo. 

Versos para conversar foi publicado por Galaxia fai nadiña, en decembro de 2016, e, como explica a propia editorial é "poesía que vai de ti para min. Para ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas. E para recitar e falar. Unha pequena folerpa poética. Versos delicados que pintan de cor as cousas todas." Como vedes nas fotos, un éxito!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario