Imaxe: http://talleresytertulias.blogspot.com.es/2015/07/frases-celebres-concepcion-arenal.html
Nada en Ferrol o 31 de
xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de
febreiro de 1893.
Diplomada en Dereito, xornalista, poeta,
autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a
unha Universidade española.
A súa infancia estivo marcada pola
persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas
liberais
Estudou en Madrid, nun colexio para
señoritas, cun tipo de que máis tarde ela mesma se encargaría criticar por tratarse
da "arte de perder o tempo". Por sorte, acadou grande unha grande
cultura de xeito autodidacta grazas á biblioteca que tiña a súa familia
paterna.
É bastante probable que asistise á
Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito na
Complutense de Madrid, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso
das mulleres aos estudos superiores en España.
Casou, e o seu marido soubo comprender e
apoiar as inquietudes culturais e sociais de Concepción.
Como activista, promoveu unha asociación
para visitar as mulleres presas e facer valer os seus dereitos.
Con Concepción Arenal naceu o
feminismo en España, pois dende nova loitou por romper
os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional
marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas
sociais para a muller.
Algunhas das súas obras foron : La
mujer del porvenir, La educación de la mujer, El estado actual de la
mujer en España, El trabajo de las mujeres, etc.
Información procedente da Galipedia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario