martes, 22 de novembro de 2016

Poesía, música e amigos.

E, para continuar co fío "Cousas riquiñas que pasan na nosa Biblio", aquí vos deixamos unha gravación que fixemos fai varias semanas, aproveitando a estupenda acústica do espazo que ocupamos. Quen canta así de ben? Pois Maite López Martínez, amiga nosa dende fai anos, e que xa non é a primeira vez que colabora con nós en diferentes eventos da biblio.
E quen compuxo esta música tan fermosa para o poema? Pois ela mesma!!!!
Aquí vola deixo...




Spiritual

Cicáis mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.

Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estóu isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.

Beberéi a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.

Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.

Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.

Viviréi coma o lume
alcendido na noite.
Teréi cumios de estrelas,
cantaréi para os homes.

Estóu comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

Caracas, xaneiro 1967
Longa noite de pedra

Ningún comentario:

Publicar un comentario