mércores, 26 de outubro de 2016

Porque todos os días son o Día da Biblioteca!!!!

Parece que soa a escusa, pero non nos importa recoñecer que non nos deu tempo, no seu día (24 de Outubro), a colgar, aínda que fora, un post pequeniño celebrando o día das bibliotecas. 

O día das bibliotecas ven a conto, como nos explican amablemente no Blog de Bibliotecas Escolares de Galicia, de que “…van xa dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil  propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.” 

Así que nós, dous días despois, facemos eco dos fastos, porque calquera día e bo para celebrar que, como di Ledicia Costas, “… Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. “

Felices días das bibliotecas!!!!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario