xoves, 20 de outubro de 2016

Despega o noso novo club de lectura...

Xa comezaron as reunións do noso novo club de lectura... todavía non ten nome, pero todo se andará... Si que ten compoñentes: un grupo duns dez profes e outro personal do centro que compartirán a súa afición á lectura e un tempo de lecer de calidade.

As lecturas escollidas para comezar foron as novelas da saga do comisario Montalbano, de Andrea Camilleri... Coa mafia como telón de fondo, son unha saga policial de primeira categoría que nos leva a Sicilia a resolver crimes sen pasar por alto nin a máis mínima pista.

Podedes entrar noso padlet "Historias con Montalbano" no que estamo a cotío achegando recursos e enlaces, por se queredes ampliar información. Tamén achegamos unha lista dos diferentes títulos da saga que temos na biblio. Bo proveito!

Made with Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario