mércores, 30 de marzo de 2016

Buscador de blogs educativos

Da man de Didactalia e navegando pola páxina de Espiral Edublogs atopamos este interesante trebello buscador de blogs educativos. Moitos pensaredes... ¿e nós para que queremos iso? Un pouquiño de curiosidade, por favor! Podedes atopar cousas non xa só interesantísimas en calquera ámbito do que vos queirades informar, senón que tamén vos pode axudar a atopar información para as vosas actividades académicas... iso en canto a vós, alumnos e alumnas. 

En canto a nós, os profes, pois é evidente que é fantástico o poder coñecer as experiencias e aportacións do profesorado do mundo adiante, que nos enriquecerán a nivel persoal e profesional...

Imos, logo, probar que tal funciona!


Ningún comentario:

Publicar un comentario