xoves, 7 de xaneiro de 2016

Feliz 2016!!!! Feliz e consciente!!!

Volvemos á carga!

Con unha certa nugalla postvacacional pero con novas ilusións retomamos a nosa actividade no IES, seguros de que 2016 nos traerá moitas satisfaccións: seguir mellorando como persoas, lendo, aprendendo, e como non, convivindo.

E para mellorar a nosa convivencia, e tamén a do resto da sociedade, xorde este recurso tan interesante: a Mochila Violeta: unha guía de literatura infantil e xuvenil non sexista.

Tras estas vacacións de Nadal que nos medios semellan puro consumismo, publicidade enganosa e espectáculos de dubidoso gusto, non queda menos que contraatacar e intentar ser conscientes da realidade. Non fai falta máis que mirar os libretos de propaganda dos xoguetes infantís: roles de xénero inculcados dende a máis tenra infancia... o rosa e o azul... as cociniñas e os súper heroes... E dende a tele? De verdade os anuncios de perfume venden perfume? Que venden os espectáculos de entretemento ou os profesionais da comunicación?

Comecemos por seleccionar o que lemos e o que vemos, e abordalo con sentido crítico... paga a pena, non si? Visita La Mochila Violeta!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario