En pleno proceso de cambio da decoración dos nosos paneis e iniciando a nova campaña de lectura, traballamos arreo para deixar rematados os novos materiais, catálogos e demais...
Esta campaña vainos quedar de Óscar!!!!
Para que vexades, un adianto da nosa nova decoración... digamos... un tráiler... pero non definitiva, eh?, vai ser aínda mellor!
Ademais temos que documentarnos: o espazo virtual está cheo de ideas para adaptalas ao noso xeito e... a triunfar!!! Por iso, na nosa investigación comezamos atopando este blog tan interesante, eduKacine con recursos sobre cine, con pelis clasificadas por niveis e áreas de traballo e con cadansúa ficha didáctica. Pode ser unha boa maneira para que os profes nos inspiremos á hora de incluír o sétimo arte na nosa aula...
E para que poñas en xogo o teu saber en cine, proba este Trivial cinematográfico... Temos moito que aprender!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario