Foto: Aquela Celanova
Celanova é unha vila monumental, magnífica, chea de patrimonio senlleiro. Que imos dicir nós! Pero... non se pode caer no conformismo, e non deixamos de percatarnos de que hai cousas que poderían estar moito mellor: cousas que embazan o espectacular conxunto formado polo mosteiro, a Praza Maior, as rúas vellas, a Praza do Millo... cousas que pensamos que desmerecen un pouco...
Así que vos achegamos esta presentación elaborada polo alumnado de plástica. Nela ides atopar, segundo o seu propio subtítulo "desastres arquitectónicos e urbanísticos nunha vila que puido ser fermosa e propostas de solución achegadas polo alumnado de 4º ESO". A ver se imos educando o ollo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario