martes, 3 de novembro de 2015

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: Aí estaremos nós!!!

Os días 20 e 21 deste mes terán lugar en Santiago, como é habitual, as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, desta volta xa na súa VI edición, e cun programa, esperemos, interesante.

O que de seguro será interesantísimo será a nosa participación na Mesa de experiencias: Biblioteca escolar e metodoloxía de proxectos, no que falaremos do noso Medievalízate: unha viaxe no tempo dende a biblioteca.

Xa vos contaremos das nosas andanzas, pero esperamos que teña moi boa acollida, pois é unha experiencia digna de contar. Neste enlace atoparedes o noso Padlet colaborativo con resumo do proxecto... Medievalízate!


Ningún comentario:

Publicar un comentario