xoves, 26 de novembro de 2015

O noso paso polas VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia


Biblio Poleiro team en Santiago de Compostela...

Queda, pois, constancia do noso paso polas VI Xornadas de Bibliotecas Escolares, que finalmente resultaron máis positivas que negativas, pese a que nada é perfecto. Houbo excelentes intervencións, como a de Guadalupe Jover ou a de Ana Siro, e outras dignas de esquecer, que non mencionaremos. O noso relatorio sobre Medievalízate foi todo un éxito, e cando estea preparado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares o arquivo de vídeo onde aparece xa volo achegaremos.

Deixámosvos con un dos materiais que se puxeron á nosa disposición... É xenial!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario