mércores, 28 de outubro de 2015

Inauguramos novo club de lectura: O Exército de Dumbledore

Xa temos unha nova sección do club de lectura: O Exército de Dumbledore. Cal é a diferencia co resto dos clubes de lectura? Pois que ésta é unha sección avanzada... tan avanzada que está formada polos e polas devoralibros máis activos da nosa biblio: a estatística sitúaos nos primeiros postos en préstamos e lecturas en sala!!!!

Este club terá un funcionamento especial: os seus integrantes poderán levar máis libros (ata 6), terán o seu propio carnet e participarán nunha serie de experiencias moi, moi interesantes.

Este ano imos ter un fío condutor apaixoante: o cine. Polo tanto decidimos inaugurar o club cunha peli... de cine: Cinema Paradiso. Quen dá máis? Xa vos contaremos as nosas conclusións logo da tertulia que teremos mañá...






Ningún comentario:

Publicar un comentario