mércores, 29 de abril de 2015

Galicia, berce de desenvolvemento tecnolóxico.

Fai uns poucos días o diario La Región adicaba un artigo a Eva Dafonte, a ourensana galardoada co premio Ada Byron 2015. Eva exerce na actualidade como administradora da base de datos Oracle na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Suiza, onde está o Gran Colisionador de Hadrones.

Por outra banda, da man de La Voz de Galicia, coñecemos hoxe mesmo a esta muller, Ángeles Alvariño (1916-2005), investigadora oceanógrafa nacida en Serantes, que foi a primeira muller en Gran Bretaña que participou como científica nunha exploración naval.
Entra no artigo completo, non ten desperdicio...

Gran Colisionador de Hadrones
Imaxe procedente de: news.discovery.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario