xoves, 26 de marzo de 2015

Celebrities medievais: O Rei Afonso X o Sabio

Impulsor da cultura, na Escola de Tradutores de Toledo reuniu ao mellor de cada casa.

Os seus plans imperialistas non chegaron a bo porto, e tivo conflitos mesmo cos seus fillos.

Trobador da Virxe, grazas ás  420 cantigas de Santa María compostas no seu scriptorium coñecemos moito máis sobor da música e os instrumentos medievais.

Disque pasou parte da súa infancia en Allariz, onde aprendeu o galego-portugués que utilizou na súa creación lírica.

Afonso X o Sabio dialoga con médicos árabes, nunha imaxe sacada do libro La Medicina en Al Andalus.

Imaxe procedente de : http://elpais.com/diario/2010/03/13/babelia/1268442742_740215.html 

Ningún comentario:

Publicar un comentario