martes, 27 de xaneiro de 2015

E chegamos a 25.000 !!!!




Con grande ledicia informámosvos de que chegamos ao noso rexistro número 25.000!!!

O exemplar correspondente é o CD Meu Amigo Martím Códax, proxecto musical realizado íntegramente por músicos ourensáns, e presentado en sociedade fai nadiña, en decembro de 2014.

O proxecto Martín Codax é unha iniciativa que ten como obxectvo recuperar e sonorizar a obra poética do xograr cantor do mar de Vigo Martín Códax. Os protagonistas da iniciativa son o grupo de música antiga Ars Anterga, que realiza a versión medieval das cantigas, e outros sete grupos ourensáns, algún creado para este proxecto, que tratan as cantigas de amigo de Martín Codax dende perspectivas contemporáneas e dende os seus respectivos xéneros musicais. Eses grupos son: Bird of Hermes Proyect, Burgas Beat, Colectivo Ar, Chamuyo Tango, María Mendoza, Manuel Carballo e Os Amigos dos Músicos

Máis sobor do proxecto Meu Amigo Martím Códax




Ningún comentario:

Publicar un comentario