xoves, 26 de xuño de 2025

O noso Fondo Histórico, de museo!

 Ben bonito e colocadiño quedou o Fondo Histórico, coas seccións convintemente sinalizadas e algúns fermosos exemplares situados extratexicamente para que os poidamos admirar. Aquí, a mostra!









venres, 20 de xuño de 2025

Último día lectivo!!! Coas fotos e vídeos do Concerto de Fin de Curso (da Memoria)

 Música e poesía!!! Escoitamos Tiersen, Einaudi, Schubert, composicións propias... E vibramos cos versos de Pimentel e do noso Celso Emilio. Aquí o programa completo.

Deixámosvos os vídeos "en cru" para que apreciedes a emoción do momento: gozar da música e recitar xuntos é moi bonito, un bo final para este curso!

Aquí podes ver todas as fotos e vídeos!











mércores, 18 de xuño de 2025

Concerto de fin de curso!!! Na biblio...

 



E unha sorpresa... Finalizaremos o concerto recitando conxuntamente os tres poemas que aparecen no programa... Poesía, música e memoria neste concerto de fin de curso tan especial!!!





martes, 17 de xuño de 2025

A nosa Oca, máis mediática que nunca!

 Aquí vos deixamos o recorte de prensa no que Laura Fernández, coma sempre con tan boa pluma, dá a coñecer ao público as nosas producións, neste caso a Oca de Celanova, da campaña O Fogar das Musas.

Lede o artigo, que é ben bonito... E se entras na edición dixital ata podes ver un vídeo!!!




E todo isto nunha semana na que non deixamos de estar na prensa... por cousas boas!!!




luns, 16 de xuño de 2025

E finalizando o curso... a Peza do Verán!

 E que mellor que unha viaxe cultural para celebrar o descanso estival? (Menuda rima!)

Pescudando polo centro adiante atopamos unha fermosísima memoria que compañeiras de antano fixeron sobre unha viaxe cultural para o alumnado de ciclos. Non lle falta de nada: itinerario, obxectivos, memoria económica... Un traballo ben rigoroso que as compañeiras profesoras do IES no ano 1983 deixaron para a posteridade.

E o tema do mes, por suposto, son as vacacións: A súa regulamentación, os cambios ao longo da historia ou a xestión dos festivos escolares.

Preme na imaxe e accede ao documento completo.

E neste enlace para visitar todas as Pezas do Mes. 



venres, 13 de xuño de 2025

Recomendacións para o verán!!!

 Aproveita estes últimos días para levar reservas lectoras para o verán!!! 

Narrativa, pelis, banda deseñada, libro informativo... a mellor compañía para unhas vacacións de primeira categoría!!!!

Aí vai o noso catálogo de novidades e recomendacións.