mércores, 19 de decembro de 2018

Temos outro premio!!!


O Traballo Consortes conSorte, realizado polo alumnado de Debuxo Artístico de bacharelato e dirixido por Isidora Gil, acaba de ser galardoado no V Concurso de Traballo por Proxectos da Consellería de Educación. Son 1500€ para materiais da biblioteca e o recoñecemento ao traballo e a creatividade dos nosos estudantes. 

Os resultados están expostos no corredor da biblioteca e o proxecto publicado no blog e na aula virtual de Debuxo, sitios aos que podedes acceder a través da web do centro.
Grazas a todos os participantes!

Deixámosvos un vídeo realizado na nosa aula de audiovisuais por Carlos Alonso onde veredes un resumo do magnífico traballo realizado -e unha pequena homenaxe aos seus autores e autores-, e para máis detalle, o padlet con toda a documentación do proxecto. Non deixedes de velo, paga a pena!




Hecho con Padlet

mércores, 12 de decembro de 2018

Agasalla libros!!!

Xa estás pensando nos presentes que o Apalpador ou os Reis van a levar á túa casa?

Dende a biblio, aí van dous consellos:
- O primeiro, que o consumismo e os excesos non nos levan a nada bo, e que as mellores cousas da vida non se compran con cartos.
- O segundo, que os libros son moi bos compañeiros de camiño, hainos para tódolos gustos e son o detalle perfecto para calquera dos teus.

Deixámosvos unhas fotos da nosa fermosa decoración da Nadal na biblio... Agasalla libros!






mércores, 5 de decembro de 2018

Máis do Proxecto Gutenberg: Materiais para encuadernar

Por se nesta ponte vos entran ganas de facer manualidades, aquí vos vai esta lista de materiais indispensables para encadernar ou reparar libros.





Como sabedes, no IES Celanova reparamos e encadernamos libros grazas á formación adquirida nun grupo de traballo formado polo equipo de biblioteca e adestrado por Marosa Vázquez Vaamonde.

Na etiqueta Proxecto Gutenberg deste mesmo blog podedes atopar tódalas producións relacionadas con este grupo de traballo, que traduciu, ilustrou e encadernou textos, así como os titoriais "Encadernación para manazas I e II".

Tamén podedes atopar tan interesante material no seguinte padlet. Que aproveite!

Hecho con Padlet