martes, 28 de marzo de 2023

Observa_Acción: Sacando conclusións

 Nestes últimos días do trimestre aproveitamos para rematar a memoria deste programa no que estamos de estrea, Observa_Acción. Como xa vos comentamos fai un tempiño, algúns profes estamos intentando mellorar as nosas competencias docentes mediante a observación entre iguais. Esta observación é sistemática, parte de acordos previos e nos ten que levar á reflexión e a muda da nosa práctica, e neso estamos: sacando conclusións.

Tras unha primera fase na que as observacións foron de carácter xenérico, a segunda rolda de observacións focalizouse en aspectos concretos. A maioría de nós centrámonos en como manter a atención e a motivación na aula, cuestión transversal para calquera materia, por iso non é problema que docentes de diferentes materias se observen entre si.

A experiencia volveu ser moi enriquecedora, pois en todos os casos atopamos ferramentas aplicables para cada unha das nosas aulas, ser máis conscientes de rutinas negativas que entorpecen o traballo ou tratar de paliar eivas do sistema, como as elevadas ratios, que dificultan a nosa labor.

Agardamos que as dificultades burocráticas non poidan con nós e utilicemos toda esta reflexión para mellorar de verdade a nosa labor docente revertindo sempre no favor do noso alumnado, que nos deu un feedback ao respecto moi positivo.

Aquí vos deixamos unha nube de palabras, extraída da aula virtual do CAFI onde temos todos os materiais, coas conclusións da última sesión de formación online.








Ningún comentario:

Publicar un comentario