Continuamos co proceso de revisión e actualización de documentos, que como sabedes reunimos no taboleiro padlet Os papeis do poleiro.
Hoxe facemos fincapé nos relativos á formación de usuarios: Como buscar na biblioteca, unha guía para o alumnado na que explicamos cuestións como a signatura, a CDU ou a sinalización mediante pegatinas. Tamén achegamos o plano actualizado, e xa estades listos para atopar o que precisedes.
É ben interesante, non deixedes de botarlle unha ollada. Picade na imaxe para acceder ao documento completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario