Nin un, nin dous, nin tres, CATRO proxectos presentamos!!! Pensamos que todos son fabulosos e non queriamos deixar ningún fora.
Cando preparamos o material para presentalos, revisamos o acadado, os logros e lagoas, e é unha boa maneira de mellorar no sucesivo. Así que non importa gañar (que, non vos imos enganar, nos encanta!) porque a participación en si mesma xa é positiva e ten valor de seu.
Aí vos deixamos o primeiro deles, "A TENDA DA ESQUINA". Pica na imaxe para ver a memoria presentada.
E tamén o padlet de materiais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario