Como podemos ler
no artigo correspondente do Blog de Bibliotecas Escolares, "Cómpre
sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os
mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos
naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros,
adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos
Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica
e enriquecedora para todos e todas."
Dende o equipo de
Biblioteca estaremos encantados de seguir este leitmotiv que entronca á
perfección coa nosa campaña en curso, Voces
de Muller, pero tamén con campañas anteriores, como Guerra
e Paz ou A ollada do
outro.
Agardamos que,
unha vez máis, neste curso sexa proveitoso para toda a comunidade educativa o
reflexionar sobre valores, convivencia e respecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario