martes, 17 de novembro de 2026

Hoxe, Carlos Callón na biblio!

 Hoxe tivemos o grande privilexio de acoller na nosa biblio a Carlos Callón, autor, entre outros, de O libro negro da lingua galega, que percorre cinco séculos de documentación da persecución da lingua galega, nunha visita organizada polo Departamento de Galego.

Durante eses séculos precisamente o noso Claustro do Poleiro estaba en construción. A lenda na cornixa que dá conta da finalización do edificio está efectivamente en castelán ("Acabose en el año de 1727").

Xa podedes consultar na biblio O libro negro da lingua galega.!

A charla foi moi amena e entretida: o autor foi relatando, nas súas palabras, "as desventuras da nosa lingua": diversos momentos e episodios nos que o galego levou todas as de perder. Tamén en palabras do autor, este exercicio da memoria é unha "arma defensiva" contra o deterioro da nosa lingua.

Aquí queda o testemuño fotográfico, e no noso libro de visitas, a sinatura de Carlos Callón. Moitas grazas por vir!







Ningún comentario:

Publicar un comentario