Aquí deixamos este resumo fotográfico dunha das 9 sesións de formación de usuarios que levamos feito este ano.
Houbo tempo para reflexionar... por que unha biblioteca é un lugar revolucionario? A humanidade evoluciona por competición ou por cooperación? Hai moitos lugares onde se poidan facer tantas cousas gratis? O coñecemento pode ser divertido?
E tamén para coñecer a CDU, o catálogo e as etiquetas temáticas que nos poden axudar a atopar o que queremos. E coma sempre, para traballar en equipo e pedir axuda se é preciso.
Como xa partillaramos fai unhas semanas, a dinámica consistía en que cada equipo tiña que atopar catro referencias que agochaban una tarxeta cun fito da historia do noso Claustro do Poleiro.
Os monxes, a botica, as guerras carlistas, o cárcere, o circo... e moito máis! En total 20 tarxetas informativas para compoñer un cartaz que quedará en cada clase para non esquecer a rica historia que nos arrodea...
Ao final da sesión, arrodeamos o noso recén feito cartaz e repasamos eses 20 fitos, que algúns non coñecían! Na seguinte sesión de titoría, os grupos puxéronlle un fantástico título proposto por eles.
Velaquí a mostra gráfica dun dos grupos. Parabéns a todos, fixéstelo moi ben!!!







Ningún comentario:
Publicar un comentario