Estivemos tan ocupadas estes días que non nos dera tempo de contarvos o que sucedeu o día 30 no Claustro Barroco de Celanova e adiantóusenos a prensa.
Tivemos a sorte de acoller un Seminario Intercentros con tan bonito título: A ritmo de Swing na Bela Auria de Otero Pedrayo. O seu tería sido facelo no Pazo de Trasalba, pero os espazos non se adaptaban a tanta xente... Así que Celanova, terra de poetas, acolleu o evento.
Para sinalar o ano Oteriano, os profes de 8 centros preparamos esta actividade: unha coreografía "anos 20" que traballamos co noso alumnado para xuntarnos arredor de 200 persoas entre bailaríns e músicos nunha mañá ben emocionante.
Tamén recitamos conxuntamente o xenial poema de Don Ramón "Ao Xamón", que tivo moi boa acollida.
Á espera de preparar vídeos varios, deixámosvos co titular, non sen antes agradecer a Pablo e Julia, os nosos profes de baile, ao CFR por apoiar estas actividades, e ao Concello de Celanova por prestarnos o espazo e axudarnos en todo.
Premede na imaxe para ver a noticia completa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario