martes, 3 de marzo de 2026

Farra, a festa escénica do barroco

 Onte asistimos no Auditorio de Galicia, dentro do seu programa didáctico, a Farra, un espectáculo audiovisual con teatro, música, danza, malabares e acrobacia inspirado no Século de Ouro. O alumnado do clube de lectura gozou do espectáculo e sorprendeuse do ameno que pode ser un espectáculo escénico ben feito: esta produción alzouse co prestixioso Premio MAX das Artes Escénicas 2025 ao mellor espectáculo musical. Aquí podedes ver un completo dossier da obra. 


Saíron a escea Cervantes, Lope ou Quevedo, e tamén Sor Juana Inés de la Cruz, María Zayas ou Santa Teresa de Jesús. Houbo arte e reivindicación, e rematamos o espectáculo pedindo desexos. Porque hai que celebrar que non hai nada que celebrar, polo tanto non hai que agardar a unha ocasión concreta para facelo!!!

Mesmo tivemos algunha expedicionaria brava que subiu ao escenario do Auditorio de Galicia, que non é pouca cousa: espazo formidable e co patio de butacas cheo ata a bandeira con máis de mil rapaces e rapazas de toda a comunidade.

Ao longo do día houbo tempo tamén de facerlle a nosa particular homenaxe a Otero Pedrayo na Facultade de Historia... xa vos contaremos.

A nosa afouta alumna, no centro do escenario con vestido vermello...




Ningún comentario:

Publicar un comentario