Sen darnos tempo a celebrar a doazón duns facsímiles do Adiante Semanario por parte dos amigos da Fundación Curros, e comezando os traballos co alumnado ao respecto, chéganos unha tristísima nova: o persoal dunha produción audiovisual que se está rodando en Celanova tentou borrar parte da nosa inscrición mural máis senlleira, escrita pola man de Celso Emilio Ferreiro e Pepe Velo.
"Adiante Semanario", reza o muro da fachada do templo, sobrevivindo a pintada a toda unha ditadura... Ata o 7 de marzo do 2026 onde a ignorancia emborronou o Semanario. A intervención dun veciño salvou o resto. Que importante é que coñezamos e defendamos o patrimonio! Seguiremos informando!

Ningún comentario:
Publicar un comentario