luns, 19 de xaneiro de 2026

"Jornada Impulsa"

Como sabedes, participamos no Programa Impulsa da man de Ayuda en Acción. Levamos xa varios cursos nestes programas con resultados moi satisfactorios

Onte tivo lugar a Jornada Impulsa, na que o noso alumnado de Ciclos Formativos conviviu con diversos referentes que lles deron azos e informacións moi valiosas para seguir a súa vocación e aterrar no mundo da empresa con éxito. O obxectivo da xornada é conectar o mundo educativo co mundo laboral, sobre todo co tecido empresarial local.

Estes foron os noso invitados:

- Concello de Celanova: Laura Fernández Álvarez e Mar Rodríguez Alonso

- Gesticel Asesores: Adrián Santos Álvarez

- Celanova Gestión: Carlos Alberto Taboada Conde

- Nattex: Juan Suárez Feijoo


A continuación, algunhas pequenas crónicas que elaboraron os participantes:


" Onte participei nunha actividade chamada Jornada Impulsa. 

Dende o meu punto de vista estivo bastante ben a porque me informei bastante das saídas que ten a profesión que me gustaría facer de maior. Aparte tamén aprendín as cousas mais importantes que tes que ter en conta cando vas facer unha entrevista de traballo, por exemplo, que hai que practicar moito as habilidades sociais para que cando esteamos falando con un cliente se leve unha boa impresión e queira volver.

 A actividade constou dunha rotación polas mesas na que cada profesional púñase a falar cos alumnos e responder dúbidas. Pola miña parte caéronme moi ben todos (destacando Adrián Santos). A conclusión que saquei de todo isto e que a Formación Profesional Básica sirve bastante mais do que eu imaxinaba porque consegues experiencia laboral e o seguinte ano ao acabar FP xa poderías estar traballando. "


Aleksey.


" As charlas dos diferentes empresarios foron moi interesantes. 
Mar e Laura cóntanos un pouco a que se dedican: Mar é unha orientadora do Concello de Celanova e 
Laura unha informática do Concello de Celanova.

Contáronnos un pouco de como fan o seu día a día e como atenden as persoas que van a facerlle algunha pregunta ou consulta.

Juan propietario de varias tendas de colchóns. Explicounos como fan os seus produtos e se poñen no mercado. Tamén ten a súa propia marca de roupa (NATTEX) e contounos que agora tamén quere empezar no mundo das redes sociais.

O empresario da xestoría era unha persoa agradable: contounos que a el interésalle a xente nova que sepa usar Word, Excel ou PowerPoint.

E por último un home con moito humor que traballa na empresa de seguros contounos que e unha pequena con tres traballadores contando con el. Ten varias ofertas de seguros como nos contou a nos.

Sacamos conclusións moi importantes que despois compartimos co resto dos presentes."


Samuel










Ningún comentario:

Publicar un comentario