Xa podemos contarvos que o venres 23 teremos na biblio unha visita moi especial. Como somos O Fogar das Musas, Euterpre, a musa da música é unha habitual aquí.
Desta vez a encargada de darlle vida ao noso piano será María José Cid, que xa é a segunda vez que nos visita. Achegamos currículum e programa: veredes que é un auténtico luxo tela con nós... Desta vez o afortunado público será o alumnado de 2ºESO.
MARIA JOSE CID
María José Cid, pianista e doutora pola Universidade de Vigo e Catedrática de piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
É artista polifacética e abordou diferentes ámbitos ao longo da súa carreira: a interpretación, a docencia e temas relacionados co desenvolvemento persoal. Ademais imparte cursos sobre manexo do stress en diferentes Conservatorios europeos e na UNED. Ten unha dobre licenciatura en Piano e Música de Cámara en Galicia e estudos de jazz en Barcelona durante 2 anos.
Interésase por diferentes estilos musicais. Perfeccionou a súa calidade de interpretación pianística con Ludovica Mosca e Luiz de Moura Castro, traballando tamén con Alicia de Larrocha, Cecilio Tieles, Anna Jabstrebska, Branca Uribe, Alain Motard etc. Recibiu o Diploma de Interpretación de Piano de Guildhall School con High Honours. Tamén exerceu como pianista acompañante e deu concertos como solista en España, Suíza e Portugal. Entre os seus últimos proxectos deu varios concertos a 4 pianos e orquestra e tamén actuou co dúo de violín e piano Quintillán - Cid . Ademais impartiu cursos sobre stress management nas Universidades portuguesas do Minho e Aveiro, no Conservatorio F.Bonporti , en Trento e na University of Arts en Tirana e no Conservatorio de Gallarate e na University of Arts de Zagreb



Ningún comentario:
Publicar un comentario