Hackers Sen Fronteiras, o programa no que participamos con Enxeñería Sen Fronteiras, traenos desta volta unhas sesións de Hip Hop que onte lle deron un aire diferente á aula de música.
Eva explicounos a orixe do Hip Hop na loita pola igualdade das clases desfavorecidas estadounidenses, substituíndo a violencia por graffiti, danza urbana ou rap.
Houbo tempo de explicar e tamén de aprender pasos para, a continuación, formar os "crews" e batallar danzando.
Grazas, Eva! Foi xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario