Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, entidade coa que colaboramos no programa
Hackers Sen Fronteiras como centro piloto dende fai un par de cursos, invitou a unha representación do IES a acudir á Facultade de Camiños da Universidade de A Coruña a este encontro. Alí se deron cita o pasado día 17 rapazas e mulleres con interese nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Falaron das súas expectativas, das vocacións científicas e dos referentes que podemos atopar ao noso arredor ou un pouco máis afastados, pero que existen.
Tamén visitaron o CITEEC, o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil de la Universidade da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario