sábado, 30 de novembro de 2024

OBSERVA_ACCIÓN: Un pouquiño de Celanova en Catania

 Pois si: chegados á cuarta fase do programa Observa_Acción, unha pequena representación do profesorado de Celanova viaxou a Catania (Sicilia) para aprender das súas prácticas educativas. Sentímonos moi ben recibidos e comprobamos como o seu sistema desenvolve certas facetas realmente ben: abraiados coas destrezas orais e coa organización de espectáculos escénicos de gran calidade!

Unha fermosísima experiencia. Agardamos que as nosas novas amizades catanesas veñan visitarnos este curso ou o que vén.






Ningún comentario:

Publicar un comentario