Non vos perdades mañá no Liceo de Ourense a presentación de "O segredo do Trasno", poemario de Alexandre Corbillón coeditado por Aira editorial e a Fundación Ínsua dos Poetas.
Temos un recordo fantástico de Alexandre (ou Xandre), que pasou por esta biblioteca e polas nosas aulas, xa entón colaborando en canta actividade había no centro.
Acompañámolo na presentación de "Cristal", a súa ópera prima, autoeditada e que lle valeu moi boas críticas, e incluso unha estadía literaria en Islandia da man das bolsas da Deputación de Ourense xestionada por Residencia Literaria 1863.
Con limiar de Méndez Ferrín, este novo poemario traballado durante a súa estadía no estranxeiro promete ser a consagración de Xandre, e por suposto, unha fantástica excusa para que nós podamos fachendear.
A presentación contará con colaboracións excepcionais, Alexandre estará moi ben arrodeado: mirade o cartaz... é para non perder!
Ningún comentario:
Publicar un comentario