luns, 29 de abril de 2024

Presentación da revista estudiantil Máis Mates na nosa biblio!

 
Estamos encantadas de anunciarvos que teremos a sorte de albergar a presentación da revista estudiantil da USC (Universidade de Santiago de Compostela) Máis Mates, argallada por algúns dos nosos exalumnos, que nos virán contar de que vai e tamén a falarnos sobre a vida universitaria e as facultades nas que estudan. Así que aí estaremos moi atentas xunto co alumnado de 4ºESO e de 1ºFPB

Cando saiu a revista, primeiro en formato dixital, xa volo contaramos a través desta bitácora, pero foi tal o éxito da iniciativa que xa contan con edición impresa.

Moita sorte na vosa andaina! Agardámosvos o venres!



Ningún comentario:

Publicar un comentario