xoves, 18 de abril de 2024

Día Internacional dos Monumentos e Sitios


Hoxe, 18 de abril, é o día Internacional dos Monumentos e Sitios.

Na web do Ministerio de Cultura di que "El Día Internacional de los Monumentos y Sitios fue propuesto por el Consejo Internacional de Monumentos y Sitios (ICOMOS) el 18 de abril de 1982 y aprobado por la Asamblea General de la UNESCO en 1983. El fin es promover la toma de conciencia acerca de la diversidad del patrimonio cultural de la humanidad, de su vulnerabilidad y de los esfuerzos que se requieren para su protección y conservación."

Poñer en valor o noso patrimonio para protexelo é un dos nosos fins tamén, e como sabedes, a iso encamiñamos gran parte dos nosos esforzos, pois como sempre dicimos, o noso patrimonio é unha ferramenta educativa moi potente. Que o noso alumnado (e resto da comunidade educativa) estea orgulloso do seu contorno é un obxectivo permanente nas nosas actuacións.

Partillamos o noso taboleiro Padlet con información, destacando as novidades: incorporamos información en inglés: xa a temos, por fin, en catro linguas! Premede para consultar os documentos completos, que podedes visitar na exposición da panda oeste do claustro.










Made with Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario