martes, 7 de marzo de 2023

Obradoiro de cartaces con Baldomero Moreiras

As profes da biblio estamos inmersas nun plan de formación permanente do profesorado que nos dota de recursos varios na nosa labor docente e como bibliotecarias. Desta vez temos a sorte de estar recibindo formación artística, conceptual e visual nun obradoiro de cartaces con Baldomero Moreiras. 
O seren quen de trasladar ideas ao plano visual, dun xeito sintético e esquemático, e como abordar sistematicamente este traballo pode darnos ferramentas moi importantes, non só para a elaboración de cartaces en si como para aplicar estas aprendizaxes á nosa práctica docente.

Nunha primeira sesión, o día 28, revisamos o proceso creativo, partillando conceptos e tomando referentes. Na próxima poñerémonos mans á obra elaborando cartaces para o 8M, que como sabedes, pode ser calquera día do ano e así debe ser visibilizado. Preparadas cartolinas, pegamento e tesoiras, o propio 8M teremos a segunda sesión. Deixámosvos unhas fotos, cortesía de Carlos Alonso.










Ningún comentario:

Publicar un comentario