venres, 20 de xaneiro de 2023

Xa podedes vir á Sala Gótica!!!

 Xa está aberto ao público o noso novo espazo, a Sala Gótica, á que chamamos así polo fermosísimo arco que a preside.

Aloxa pelis, hemeroteca, banda deseñada e libro ilustrado, ademáis da exposición "A escola de antonte", e como vos comentamos fai un par de días, a placa das Escolas da República cedida por Baldomero Moreiras e o Comité de Memoria Histórica Comarca de Celanova.  Accederemos pola súa propia porta, como vedes nas imaxes, no alto da escaleira de madeira, e xa podedes vir nos recreos e no horario de apertura extraescolar (martes, mércores e xoves de 15.30 a 17.10).

Aquí podedes ver o álbum de fotos da súa evolución, logo de todas as intervencións que levamos feito nos últimos meses. Neste álbum aparecen tamén os outros espazos que temos ido habilitando para facelos máis acolledores e eficientes para coas nosas necesidades.

Aquí podedes ver outras entradas desta bitácora relacionadas coa ampliación da biblio:

O noso novo piano.

As ampliacións, na prensa: "O Poleiro extiende sus alas".

Resumo das intervencións.


Agardamos que utilicedes e gocedes deste emprazamento senlleiro do que temos a sorte de dispoñer!









Ningún comentario:

Publicar un comentario