Xa chegamos á XXXIII edición do noso Certame de Relato Breve Celso Emilio Ferreiro. Como non, con este fermoso cartaz con deseño de Isidora Gil e debuxo da nosa alumna Andrea Victoria Rodríguez Fariñas, e como non, neste curso pandémico, con temática da nosa campaña "Un mundo feliz?", concretamente, distopías.
Podedes inspirarvos nos materiais de campaña que fomos colgando neste blog e tamén nos corredores do IES, beber dos vosos escritores ou cineastas favoritos ou reflexionar sobre o propio escenario que estamos a vivir, pero en calquera caso, animámosvos ler atentamente as bases no cartaz e participar!
Tamén podes visitar as entradas deste blog relacionadas, na etiqueta "Certames".
Ningún comentario:
Publicar un comentario