Xabier Oviedo achéganos este vídeo espectacular que nos permite sobrevoar o mosteiro. Ademáis de coidar os equipos informáticos do centro con rigor e sabedoría, Xabier é un artista multidisciplinar, que nesta ocasión combinou as imaxes tomadas co seu dron cunha fermosísima música propia, moi ben acaída ás imaxes do noso formidable patrimonio.
Moitas grazas, Xabier! Agardamos máis creacións túas que nos permitan gozar e difundir as belezas da nosa vila, e en particular do noso Claustro do Poleiro na súa celebración do 300 aniversario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario