venres, 22 de maio de 2026

Inesquecible concerto de Álvaro Sieira.

Aquí vos queda o testemuño audiovisual do concerto de onte. Unha fermosura de obras, sensacións, atmosferas e toda a sensibilidade do mundo que Álvaro nos trasladou dende as teclas do piano.

O acto comezou cunha breve presentación do programa a cargo do alumnado de oratoria de 3ºESO para comprender un pouco mellor o que iamos escoitar. 

Aquí vos deixamos as notas ao programa. , que foi esta marabilla:

PROGRAMA
Johannes Brahms
Seis piezas para piano, Op. 118
Intermezzo en la menor
Intermezzo en la mayor
Balada en sol menor
Intermezzo en fa menor
Romanza en fa mayor
Intermezzo en mi bemol menor

Isaac Albéniz
Suite Iberia
El Corpus Christi en Sevilla
Almería

Enrique Granados
Goyescas
Quejas, o la maja y el ruiseñor

Millóns de grazas, Álvaro! Na Semana das Letras, atopamos en ti un "bo e xeneroso" que nos deixou abraiados co seu bo facer.













Ningún comentario:

Publicar un comentario