Andamos a voltas coas efemérides, e ben é certo que é un pouco de tolos facerlles caso a todas. Xa fai moito tempo que o levamos con certo relax, a pesares de que poden inspirarnos a facer actividades significativas.
O caso é que tiñamos na recámara este vídeo-resumo do proxecto Guía por un Día que fixemos no primeiro trimestre e alá vos vai, para que vexades o bo ambiente do que gozamos en cada unha das cinco sesións que organizamos.
Agora temos que marchar, que xa comezan as celebracións do Entroido, que aquí as facemos na véspera da Piñata. Deixámosvos co vídeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario