Un home sabio, bo e xeneroso que sempre nos botou a man cando llo pedimos, e que foi un formidable embaixador da nosa vila en particular e da cultura en xeral. Non esquecemos cando nos axudou a permanecer no Claustro do Poleiro, alá polos tempos nos que estivemos cun pé fora.
Da súa biografía, nin falamos, pero sempre pensamos na sorte que tiveron as persoas que pasaron polas súas aulas.
Aquí unha lista das obras del que temos nos nosos andeis, algunhas moi especiais, como Prisión central, Celanova. Na sala, a nosa pequena homenaxe. Que a terra lle sexa leve!
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario