Tras prepararnos concienzudamente, por fin puidemos partillar coa cativada do CEIP Curros Enríquez as nosas habilidades como contacontos.
O grupo de 3ºESO da materia de oratoria participou onte pola mañá nesta actividade organizada pola biblioteca para tender pontes entre a Bibliocurros e a Bibliopoleiro, e foi unha colaboración do mais satisfactorio. Fomos moi ben recibidos e, preparados cos nosos contos, repartímonos entre os grupiños de rapazada de 1º e 2º de primaria, que parece que tamén o pasaron moi ben. O puntiño de emoción foi a volta de algúns dos nosos adolescentes ao seu cole de primaria.
Tamén o noso Fabio contou o seu conto, axudado por unha fermosa presentación audiovisual que realizou xunto coa súa profe Lola e co seu compañeiro Brais prestándolle a voz. Aquí deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos. Pregunta o noso alumnado... cando volvemos?




.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario