mércores, 19 de marzo de 2025

Onte na biblio... Regueifando!

 Lupe Blanco, da man do Departamento de Galego e o EDLG, achegouse a Celanova a agasallarnos con un obradoiro xenial e participativo, moi ben acollido polo alumnado (e polo profesorado!). 

Percorremos os xéneros populares improvistatorios de polo mundo adiante, pero o máis importante: aguzamos as neuronas e aprendemos a inventar sobre a marcha con moito ritmo. Xa estamos con esta e outras actividades preparando as Letras, que como sabedes este ano están adicadas ás Cantareiras, que conservaron a poesía popular oral.

Improvisación, enxeño, música e moita diversión! Viva a tradición oral!!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario