Continuamos a colaboración con Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, dentro do programa Hackers Sen Fronteiras, e onte recibimos, con moitísima emoción, a Sandra Fernández de la Cruz, alumna do IES fai uns anos, que tras estudar Enxeñería Química fíxose cooperante.
Que fermosa coincidencia que unha exalumna estea colaborando con Enxeñería Sen Fronteiras como cooperante en Honduras.
Falounos dos países que visitou e explicounos en que consiste a cooperación, que comparte recursos técnicos e financieros con países en vías de desenvolvemento. Ela traballa con axentes do país no que estea, colaborando e partillando coñecementos. Actualmente está xestionando augas, para que os recursos hídricos chegen en condicións óptimas a regadíos e consumo.
Moitísimas grazas, Sandra. Amosáchenos un pouco máis o mundo, para que comprendamos a súa complexidade e a necesidade imperiosa de lograr a equidade entre as nacións.
Podes ver aquí o resto das actividades nas que participamos do programa Hackers Sen Fronteiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario