martes, 18 de xuño de 2024

O Castro de Trelle na nosa biblio!

 David Sabucedo, un dos autores do libro "O Castro de Trelle, historia, tradición e futuro", estivo con nós onte á tarde, xunto co seu compañeiro Antón, explicándonos como o asociacionismo pode facer grandes cousas: neste caso, poñer en valor o patrimonio.

Contounos como o Castro de Trelle leva sufrido demasiadas agresións, e como a  Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén pretende defendelo e que a veciñanza se dea de conta da súa importancia. Nesta tarefa colaboran cos compañeiros da Asociación Porta da Cadea.

A documentación que utilizaron no libro alude ao Mosteiro de Celanova, así que a actividade acáelle moi ben a unha das nosas liñas de traballo, "Arredor do Mosteiro", recoñecida cun accésit do Premio Innovagal, que, por certo, iremos recoller mañá a Santiago

David fixo un resumo moi ben explicado do seu traballo, que ten como finalidade escavar o Castro (na muralla exterior e na croa) e documentalo todo o posible, evitando o deterioro que leva sufrindo nos últimos tempos por diversas circunstancias. 

Agardamos que estas actividades sexan para o alumnado a semente para crecer como adultos concienciados na defensa do seu patrimonio.







Ningún comentario:

Publicar un comentario