E este ano para nós é especialmente importante, xa que, como sabedes, a nosa campaña/proxecto de musealización tennos moi ilusionadas e entretidas.
O Fogar das MusasO Fogar das Musas continuará durante o curso que vén, pois é unha andaina longa e sen dúbida para facer sen presa. Dende que comezamos, enfocamos as nosas expectativas, aprendemos sobre o que implican os traballos de inventario, documentación, conservación e museografía e puxemos en valor pertenzas que xa están expostas nos nosos andeis.
Pescudamos información sobre espazos visitables da contorna (e de máis lonxe), activamos ao alumnado para que poña en valor o seu patrimonio, ofrecémonos como espazo visitable para que as institucións da vila o incorporen aos seus activos turísticos.
Feliz día dos Museos! Seguimos en marcha!
Ningún comentario:
Publicar un comentario