mércores, 3 de abril de 2024

MANUAL BÁSICO PARA MUSEÓGRAFAS NOVATAS: O material definitivo que estabamos agardando!

 Por fin viu a luz, froito das choivas e de pasar tempo na casa durante as vacacións, o Manual Básico para Museógrafas Novatas: un destilado elaborado por Isidora Gil adaptando e resumindo a sabedoría do equipo do Museo Etnográfico de Ribadavia, co que fixemos estas interesantes sesións de docencia.

Nunca estaremos agradecidas dabondo ao persoal do Museo, que tamén recolleu a colaboración na súa web.que tamén recolleu a colaboración na súa web.

Con este material xa estamos comezando o noso inventario, con todo o rigor posible e moitísima ilusión. Picade na imaxe para ver o documento, que tamén está xa no seu taboleiro Padlet correspondente, O Fogar das Musas. , en permanente actualización!

Seguiremos informando!



Ningún comentario:

Publicar un comentario