Xa marcharon os compañeiros e compañeiras de Castela e León, deixándonos unha fantástica experiencia. Foi un auténtico pracer atopármonos e partillar os nosos proxectos, as nosas fortalezas e tamén as nosas dúbidas con eles, e agardamos que a visita lles fora proveitosa!
A biblioteca, sen dúbida, foi un dos puntais da visita: serviunos como acolledor punto de reunión, de traballo e de cooperación.
Deixámosvos unhas cantas fotos, e preparámonos para viaxar tamén nós alá os días 21 e 22 deste mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario